‘Seráns na Rúa’ xa colle forma en Malpica

1 minutes read
  • As actuacións serán todas ás 20:30 horas e trasladaranse ao Mercado Municipal ou ao Centro Cívico no caso de que chova

O Concello de Malpica, a través da concellaría de Cultura, comezou a planificación cultural de verán cos ‘Seráns na Rúa’, así como da proxección do filme ‘María Solinha’ a comezos deste mesmo mes.

A administración local oferta un amplo abano de posibilidades culturais, que comezarán o vindeiro sábado, 18 de xullo con ‘A gran viaxe’ de Iventi Teatro na rúa Eduardo Vila Fano.

As actuacións serán todas ás 20:30 horas e en caso de choiva trasladaranse ao Mercado Municipal ou ao Centro Cívico, segundo o formato de actuación. Manteranse en todo momento os protocolos hixiénico-sanitarios e os aforos completaranse por estrita orde de chegada.

O alcalde, Walter Pardo, valorou positivamente o esforzo de toda a área de Cultura neste traballo e destacou que «hai que ter precaución pero isto non é incompatible con gozar dun novo formato de divertimento».

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Leticia Varela, remarcó que «seguimos apostando pola cultura en formatos máis reducidos, e seguiremos gozando de contidos de calidade con responsabilidade».

Cartel «Seráns na rúa»_Concello de Malpica