Sergio Facal, Cuco e Pombo reciben a homenaxe do Calvo Xiria BM

1 minutes read

O sábado 29 ás 20:00h tivo lugar un enfrontamento xa clásico dos equipos sénior masculino de dúas das mellores canteiras de Galicia, E. Bm. Xiria e Bm. Lalín.

Dende o Club carballés quixeron aproveitar tan importante evento para homenaxear xusto antes do encontro a 3 canteiráns que vestiron as cores de balonmán Xiria durante case toda unha vida.

Sergio Facal, Alberto Lema «Cuco» e Gonzalo Pombo son un espello no que se poden mirar os rapaces e rapazas das escolas do Xiria.
Queren renderlle homenaxe e darlle un forte aplauso a estes 3 xogadores que recentemente colgaron as botas no clube que levaron ao máis alto ao longo da súa dilatada carreira deportiva.