Sete deportistas da A.D. Fogar compiten no Galego Sub16 de Cros

Cedida.

O domingo día 30 de outubro de 2022 sete atletas sub16 masculinos da A.D. Fogar toman parte en A Rúa no Campionato Xunta de Galicia de Campo A Través Sub 16 por equipos; proba clasificatoria para o Campionato de España por equipos desta modalidade que se celebrará o domingo día 13 de novembro na localidade burgalesa de Atapuerca. Desta volta estos sete representantes serán Anxo Bello, Hugo Souto, Berket López, Michel Nuñez, Adrián Sancho, Joel Barcia e Oscar Alberte. Os da A.D.Fogar de Carballo e Oleiros tomarán o pistoletazo de saída as 11:20 horas e loitarán polo podio da carreira cos atletas dos equipos da Atlética Lucense, A Purísima, o Atletismo Narón e a Viguesa de Atletismo.