Sétima vitoria consecutiva do Calvo Xiria balonmán


O Calvo Xiria sumou dous puntos máis ao seu marcador particular tras vencer no pavillón de Candeán en Vigo ao Granitos Ibéricos Carballal por un resultado axustado 30-32. O conxunto carballés buscaba seguir con paso firme na competición e conseguiuno, sete vitorias consecutivas non é unha casualidade. O equipo que dirixe Adrián Dubra marcou a contenda, dominando o encontro desde o principio chegando ao descanso cunha diferenza superior de 4 tantos (13-17). O conxunto local, un dos máis novos da categoría; liderado desde o banco por Fran González, non tirou a toalla en ningún momento e non llo puxo fácil ao Xiria, que basculou nun gran David García parte da culpa do resultado final.