Sigüeiro volve acoller a Festa dos Socialistas de Galicia

1 minutes read

A Comisión Executiva Nacional Galega recuperou o ano pasado a celebración da Festa Socialista de Galicia como un día de celebración e confraternidade do socialismo galego. Este ano repiten, e a XII Festa Socialista de Galicia terá lugar o vindeiro domingo, día 17 de setembro en Sigüeiro-Oroso (Avda. de Compostela, 58 – ao pé da Área Recreativa do Carboeiro) e na que contarán coa presencia do secretario Xeral do PSdeG, Valentín González Formoso e tamén coa do secretario Xeral do PSOE e presidente do Goberno, Pedro Sánchez. A militancia e os simpatizantes poderán acceder á reserva de localidades para o xantar e o acto público a partir do día 4 de setembro e ata o día 12.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?