Simeone renova ata 2022


Diego Pablo Simeone renovou como técnico do Atlético de Madrid ata o próximo 30 de xuño de 2022. O técnico asinou o seu novo contrato no Wanda Metropolitano xunto co presidente Enrique Cerezo, e Miguel Ángel Gil, conselleiro delegado. Dáse continuidade así a un proxecto que comezou coa chegada do técnico arxentino en 2011 e que deu lugar a unha das épocas máis exitosas da entidade na que conseguiu sete títulos. Con eles, Simeone converteuse no adestrador máis laureado do club. Simeone mostrouse moi feliz despois de rubricar a súa ampliación ata 2022.