Álvaro Dourado, presidente da multinacional en España, recoñeceu nunha reunión telemática cos representantes dos traballadores que a situación da fábrica mariñá é «crítica» nestes momentos, por mor dos «problemas estruturais no marco enerxético e a sobrecapacidade da planta», e explicou que eses problemas «non se solucionaron» e mesmo se «viron agravados polos baixos prezos do aluminio no mercado e a baixa demanda do produto». A multinacional calcula que as perdas chegarán aos «50 millóns de dólares por planta no exercicio deste ano». O órgano de representación dos traballadores opina que tanto o Goberno como Alcoa volvéronlle a dar as costas á fábrica de San Ciprián. O comité solicitou unha reunión da Mesa Multilateral de Alcoa e pedirá un encontro co presidente da Xunta, para que, «dada a falta de lealdade» da empresa cos traballadores e coa comarca da Mariña, vincule «a axuda do 30% ao investimento do gas ao mantemento da actividade produtiva e o rebrascaxe de cubas».
26