Só 200 persoas poderán asistir este sábado ao Bergantiños – Fabril


A cita será en As Eiroas ás 11 horas, a entrada será gratuíta e o aforo está limitado polos protocolos relacionados coa Covid-19. O club pide responsabilidade para avanzar cara a unha normalidade que permita seguir contando co apoio de público nas citas da casa da próxima liga de Terceira, que comezará o próximo 18 outubro. Os abonados deberán retirar as localidades no despacho de billetes de As Eiroas este xoves e o venres, de 19.30 a 21 horas. Para iso é obrigatorio presentar o carné de socio da pasada tempada. Só se poderá acceder ao recinto do Municipal mostrando a entrada e o documento de socio.