Sobe a taxa mundial de homicidios debido ao seu aumento en Brasil e México

1 minutes read

Latinoamérica encabeza de novo a lista de rexións con máis homicidios do planeta, con 464.000 persoas vítimas no ano 2017, segundo o Estudo Mundial sobre Homicidios de 2019, publicado recentemente pola Oficina de Nacións Unidas contra a Droga e o Delito (OUNDD). En canto a países, O Salvador ten a taxa máis alta homicidios, con 62,1 mortes por cada 100 mil habitantes.

Trátase da única rexión do planeta cuxa taxa aumentou, principalmente pola escalada de homicidios en Brasil – onde se cometeron o 14% dos homicidios do mundo- e México, dous países que xuntos supoñen máis da metade da poboación de toda a rexión latinoamericana. Entre 1991 e 2017, 1,2 millóns de persoas perderon a vida por homicidio en Brasil. En comparación, oito anos de guerra en Siria deixaron 370.000 mortos.

O estudo apuntou ao crime organizado, drogas, desigualdades sociais e ao machismo como as principais causas destas preocupantes cifras.

Pola súa banda, Venezuela viviu un drástico aumento dos homicidios, pasando de 13 homicidios por cada 100.000 habitantes en 1991 a unha taxa de 57 no ano 2017.

A pesar de haber países suramericanos con números máis moderados, como é o caso de Arxentina, Perú e Uruguai, Chile é o único país latinoamericano que obtivo unha taxa por baixo da media mundial, que é de 6,1.

Fonte: Euronews