Sofre a amputación de varios dedos dunha man polo estourido dun petardo en Vigo

0 minutes read

A persoa afectada atopábase na Rúa Doutor Cadaval cando o estourido dun petardo lle deixou graves lesións nunha man. Así o confirmaron, a través do 112 Galicia, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron a atender o ferido á 1:30 horas da madrugada deste sábado. Tamén se desprazaron os axentes da Policía Nacional e Local, tras recibir os avisos do 112 Galicia.