A produción de residuos da fracción resto (bolsa negra) nos concellos adscritos ao modelo Sogama continúa á baixa, ao pasar das 794.878,62 toneladas, 405 toneladas menos que en 2020.
Cómpre ter en conta que a minoración de refugallos da bolsa negra é significativa no último ano, por compararse co 2020, un ano marcado pola pandemia da covid-19, con confinamentos da poboación e peche de moitos sectores de actividade económica.
Os datos de 2021 tamén constatan melloras no relativo á bolsa amarela (envases de plástico, latas e briks), que medrou nun 1,4 %, respecto de 2020, e sitúase nas 32.780,26 toneladas recibidas no pasado ano.
Estas cifras veñen a acreditar que a meirande parte dos galegos están comprometidos coa xestión sostible dos residuos urbanos e co consumo responsable, que implica menos refugallos.
Tamén é unha mostra da súa implicación coa reciclaxe, a través da correcta separación dos refugallos en orixe e posterior depósito dos mesmos nos contedores, para propiciar a súa transformación en novos produtos, contribuíndo deste xeito ao aforro de enerxía e materias primas.