Sometido a información pública un novo treito da autovía Santiago-A Estrada

0 minutes read

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou o inicio do proceso de información pública do estudo de impacto ambiental e da actualización do proxecto de construción dun novo treito da Autovía Santiago-A Estrada. Trátase de 7,5 novos quilómetros desta autovía autonómica libre de peaxe entre A Ramallosa (Teo) e o enlace coa PO-841, no Rollo (A Estrada), e que suporá un investimento de case 48 millóns de euros. Ata o vindeiro 4 de xaneiro todos os interesados poden realizar as achegas que consideren oportunas, que serán analizadas e tomaranse en consideración cando sexa pertinente.