Sorte dispar para os equipos de balonmán do Grupo Lemaco Xiria


Grupo Lemaco Xiria A 27 –  Culleredo Sweepend 39  (13-20)

As perdas de balón lastraron calquera posibilidade de facer fronte a un Balonmán Culleredo moi superior durante os 60 minutos a un Grupo Lemaco que se viu desdebuxado e apático en moitos momentos do partido.

Agardábase un partido parello, pero esa igualdade so se viu nos primeiros 20 minutos, onde o Xiria aguantaba co lanzamento exterior e con boa disposición na súa defensa 6:0. A partires dese momento as perdas de balón foron constantes nos locais, aproveitadas polo Culleredo que marcou diferenza de 7 goles ao descanso e deixaba moi difícil a remontada.

A apatía na circulación de balón e os poucos recursos amosados fixeron que o Culleredo con pouca presión defensiva seguira a provocar perdas no ataque carballés que transformaban en gol e incrementaban o marcador a seu favor, numerosos fallos de lanzamento con un baixo porcentaxe, desfiguraron a imaxe do equipo. Demasiado castigo para un Grupo Lemaco que debe aspirar a máis pola calidade dos seus xogadores.

Oar Coruña- Grupo Lemaco Xiria B 40 – 41 (20-17)

Nova vitoria para os máis noveles da categoría ao impoñerse pola mínima aos coruñeses do Oar a domicilio. Non foi un partido fácil e os xogadores do Xiria tiveron que remar contra a corrente durante bo tramo do mesmo.

Saíu mellor situado, sobre todo no 6:0 defensivo o Grupo Lemaco, o Oar tiña dificultades para chegar a posicións claras de lanzamento, o Xiria pola súa parte desperdiciaba demasiados ataques para irse folgado no marcador e permitía ao rival empatar o partido e nos intres finais da primeira metade irse 3 goles arriba 20 a17.

Como na defensa estaba sufrir moito, encaixando demasiados goles, o Xiria optou por adiantarse nun 5:1 presionante e imprimir moita maior velocidade nas transicións de ataque, permitindo de este xeito achegarse no marcador e gañar o partido nos minutos finais.