Sorte dispar para os equipos do Grupo Lemaco Xiria

1 minutes read

Superioridade do Grupo Lemaco “A” diante do Cangas. O Grupo Lemaco “B” cae contra o Oar Coruña

13ª Xornada da Fase de Clasificación Cadete Masculino. Grupo Lemaco Xiria A 48 – Pizzería Barato Bm. Cangas 31 (25-13)

Nova vitoria para o Grupo Lemaco A cadete que recibía ao Balonmán Cangas na mañá do domingo. A velocidade nas transicións e a fortaleza defensiva doulle un extra maior ao equipo que xa nos primeiros 30 minutos lle tomou a medida ao rival, chegaban diante da meta contraria con facilidade os locais e pese a errar moitos lanzamentos cobraban diferenza de 12 goles ao descanso. Xa coa vitoria na man, baixouse un pouco o ritmo de encontro, demasiado permisivo o Xiria en defensa aínda que seguía a marcar sobre todo en rápidas contras.

12ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino. Grupo Lemaco Xiria B 31 – Oar Coruña 34 (12-18)

Comezou moi errático no lanzamento o Xiria e permitiu coller distancia no marcador ao seu rival,  algo que pagou durante todo o partido pois foi incapaz de achegarse no marcado o suficiente para poder dobregar aos coruñeses. A defensa mixta do Oar dende o primeiro intre de partido tras tocou o plan de ataque do Grupo Lemaco que ía demasiado directo a gol o que o levou a precipitación a pouca elección nas accións de lanzamento a portería. Intentou dobregar aos coruñeses na segunda metade, pero non foi suficiente o esforzo realizado.