Sorteadas dúas vivendas de promoción pública en Santiago e Arteixo

1 minutes read

O sorteo produciuse ante notario, os seleccionados foron elixidos nunha lista de 25 persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda nos seus respectivos municipios.

No caso de Arteixo a vivenda está ubicada na rúa Calderón de la Barca e ten unha superficie útil de 80,35 metros cadrados, 3 habitacións con garaxe e rocho. No caso da cidade de Santiago o piso sorteado está ubicado na rúa Evaristo Nogueira ten unha superficie útil de 81,20 metros cadrados e contan tamén con garaxe e rocho.

Os adxudicatarios poderán optar á vivenda en réxime de compravenda ou en réxime de arrendamento cunha vixencia de 7 anos prorrogables por períodos anuais.