Subministración de coitelas quitaneves a oito concellos para facerlles fronte ás nevaradas


Os concellos beneficiarios son os ourensáns da Gudiña, A Rúa, Baños de Molgas, Vilamartín de Valdeorras e Vilariño de Conso, os lucenses de Cervantes e Meira, e ao pontevedrés de Lalín, municipios cunha altitude media superior aos 800 metros, segundo o establecido no Plan NEGA.

Trátase de coitelas, entregadas pola Xunta, dotadas de reforzos traseiros e con rodas integradas para facilitar a súa montaxe e desmontaxe. Cunha anchura de limpeza de case dous metros, dispoñen ademais de mando a distancia e sistema de mans libres, así como dun sistema de autodiagnóstico que permite identificar calquera problema eléctrico que lle afecte ao funcionamento.

Con esta entrega complétanse as dotacións concedidas ao abeiro da orde de 2021 para a adxudicación de equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos que conten con agrupacións de voluntarios de Protección Civil. Nelas tamén se inclúen 19 vehículos pick-up, seis remolques, 26 tendas de campaña para atención ás emerxencias e oito esparexedores de sal.