Substitución no ministerio de Sanidade español


Carolina Darias convértese na nova ministra de Sanidade en substitución de Salvador Illa. Darias, ata o de agora ministra de Política Territorial e Función Pública, releva no cargo a Illa, candidato do PSC á presidencia da Generalitat de Catalunya. Así o anunciou o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, en comparecencia este martes. Ademais, Sánchez anunciou que Miquel Iceta convértese no novo ministro de Política Territorial e Función Pública. Darias leva meses envorcada na xestión da pandemia xunto ao agora candidato á Generalitat. Illa participou este martes no seu último Consello de Ministros. Carolina Darias é licenciada en Dereito pola Universidade de La Laguna. A ata o de agora ministra de Política Territorial e Función Pública desenvolveu diferentes funcións na súa rexión de orixe, Canarias. Entre outros cargos, Darias foi delegada do Goberno en Canarias, presidenta do Parlamento de Canarias e conselleira de Economía, Coñecemento e Emprego do Gobierno de Canarias.