Desde que no mes de outubro de 2.020 asaltaran e incendiasen a sede que ocupaba a asociación Vieiro nun baixo desta urbanización, situada na parte alta da rúa Vázquez de Parga de Carballo, foron sucedéndose os actos vandálicos sobre a mesma, nomeadamente os incendios. O último lume con intervención dos bombeiros tiña lugar o pasado xoves día 11, neste caso ardía un colchón ubicado nunha estancia da primeira planta. A cousa non quedaba ahí, este sábado ás 9 da noite o 112 Emerxencias Galicia activaba unha nova alarma por incendio, esta vez na planta superior, polo que foron mobilizados en primeira instancia a Policía Local e de seguido os bombeiros do parque de Bértoa. Os veciños alertan do foco de inseguridade no que están convertidas estas instalacións e piden a súa demolición de xeito inmediato.
43