23
O movemento que a nivel estatal lidera a vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz, inicia deste xeito a súa preparación para as eleccións galegas do próximo ano, para as que aposta “pola unidade”. O profesor da USC, Paulo Carlos López, será o portavoz da formación, que se reivindica como “unha organización galega autónoma que estará federada co Movemento Sumar a nivel estatal”. Paulo Carlos, enviou unha misiva ás máis de 3.500 persoas rexistradas na comunidade, na que se compromete a “seguir tecendo a esperanza e a ilusión que xa está a transformar, con políticas públicas útiles, a nosa realidade cotiá”.