Superioridade da Cultural Leonesa ante o Calvo Basket Xiria (77-60)

0 minutes read

Este domingo, os leoneses impuxeron a súa superioridade física e maior acerto nun partido marcado polas defensa e as malas porcentaxes. Pau Isern Maza sostivo ao Calvo Basket Xiria con 24 puntos, foi o encargado de liderar ao equipo carballés para poñerlle emoción e chegar ao último cuarto 44-41. A pesar do seu gran despregamento -foi o mellor xogador sobre o parqué do Palacio dos Deportes-, pero os de Méndez non tiveron nada que facer no último período onde foron varridos pola maior capacidade física dos xogadores leoneses. Ao final 77-60.