Supervisadas as obras de mellora viaria en Malpica con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental

1 minutes read
  • O concello acaba de investir 31000 euros no asfaltado de varios camiños en Cerqueda e Seaia

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, José Ángel Garrido, realizaron este xoves unha visita ás vías municipais que acaban de ser melloradas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.

Este programa de axudas está destinado ós concellos afectados pola instalación de parques eólicos e, concretamente, no concello de Malpica acaban de realizar un investimento de 31000 euros no asfaltado do camiño do Ceán a Algadán, na parroquia de Cerqueda, e doutro camiño en Seaia.

O obxectivo do Fondo de Compensación ambiental é financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.