O Goberno decidiu paralizar os investimentos para a ampliación do aeroporto do Prat «por unha perda confianza manifesta» na Generalitat de Cataluña, anunciou a ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez.
O proxecto «é imposible sen un apoio nítido e sen fisuras» do Govern, o cal «é evidente» que non tomou unha «decisión madura sobre este gran investimento», dixo a ministra nunha comparecencia sen preguntas desde a Delegación do Goberno en Barcelona, despois de que o gabinete de Pere Aragonès dixese o sábado que non avalaría unha proposta que implicase «esnaquizar» a lagoa da Ricarda.
Despois de coñecerse por sorpresa a decisión do Executivo central, Aragonés acusoulles de «chantaxe», asegurou que «nunca» tiveron «vontade de investir en Cataluña e por iso ve «imprescindible» que os aeroportos cataláns sexan xestionados polas institucións catalás.