Suspendido o Circuíto Correndo pola Costa da Morte 2021

1 minutes read

Despois de analizar a actual situación na que nos atopamos, a organización do Circuíto Correndo pola Costa da Morte tomou decisión de non organizar o Circuíto de carreiras populares durante o ano 2021. As carreiras do Circuíto Correndo pola Costa da Morte son algo máis que un evento deportivo, son, sobre todo, unha festa, unha excusa na que os amantes do deporte e do atletismo se reúnen e pasan unha agradable xornada en boa compañía facendo o que máis lles gusta: correr!!Por todo isto, dada a situación epidemiolóxica na que nos atopamos, a organización considera que non se dan as condicións axeitadas para a súa celebración. Agardemos que no 2022 este pesadelo desapareza e sexa posible vernos de novo nas carreiras. Moitos ánimos e apertas á gran familia que é o Circuíto Correndo pola Costa da Morte.