Suspenso nos protocolos da Xunta para facer fronte á discriminación e ao acoso laboral  

1 minutes read

Sancións millonarias con informes viciados por funcionarios acomodados a un sistema dictatorial interno en San Caetano propiciaron máis de trinta denuncias nos últimos seis meses por parte dunha empresa de comunicación da provincia de Pontevedra que se sinte acosada e claramente discriminada pola administración autonómica. Ante a impotencia de loitar contra ela, o seguinte paso afirma a empresa, será a denuncia persoa a persoa na fiscalía e tamén ante a Valedora do Pobo.

Noutros departamentos autonómicos cabe destacar que o último informe anual da Valedora do Pobo constata incumprimentos reiterados, que o persoal de Educación segue sen contar cun protocolo contra o acoso laboral e que Sanidade négase a que o seu sexa de aplicación tamén nos centros concertados. “Desde esta institución temos insistido en varias ocasións na necesidade de actuar con celeridade diante das denuncias de situacións compatibles con acoso laboral”, di a Valedora no seu último informe anual, no que salienta que “o feito de demorar durante meses -ou anos- os procedementos non só afecta ás persoas directamente implicadas senón que contribúe á degradación do ambiente laboral e, en moitas ocasións, deriva en situacións imposibles de reverter”. 

Os casos que a Valedora inclúe no seu último informe anual “sete queixas, máis do dobre das informadas o ano pasado, dirixidas ás consellerías de Xustiza, Educación, Sanidade e Presidencia”, deixan en evidencia todo tipo de eivas na tramitación tras as denuncias das persoas que din sufrir acoso. Son “tramitacións moi demoradas no tempo, a miúdo falta de información á persoa denunciante e nalgúns casos sinálase que non se fixeron as averiguacións solicitadas”.