Susto nun voo que tiña que saír este sábado dende Vigo cara Madrid


Tremendo foi o susto que levaron os pasaxeiros dun voo que saía este sábado dende Vigo cara Madrid. Un paxaro chocou cun dos motores cando o avión xa estaba na pista obrigando ao piloto da aeronave a frear en plena recta. Por sorte, non houbo que lamentar feridos pero os pasaxeiros foron desaloxados para avaliar os danos do avión que puido retomar o voo cara Madrid horas máis tarde.