21
O adestrador coruñés, Rubén de la Barrera, estreouse cun empate sen goles ante o Salamanca no Helmántico. Mostrouse satisfeito co traballo do equipo, pero quere máis: “o que se fixo durante a semana apareceu, pero ten que aparecer máis”. “Queremos ser gañadores en todos os partidos, o rendemento analízase desde o resultado. Nós temos que ser máis fríos, queremos mellorar o que se fixo e o que non se fixo. Buscabamos chegar por fóra, en situacións dun contra un e non centrar desde aí. Queriamos que no momento de chegar fóra, buscar un pase máis atrás para centrar desde posicións máis centradas e dificultar eses duelos”, afirmou Rubén.