Tecnoloxía contra a pandemia

1 minutes read

Erradicar o coronavirus converteuse no obxectivo principal de todo o mundo: a tecnoloxía parece desmarcarse como o principal salvador desta pandemia. E é que este inimaxinable 2020 xa parece traer o futuro que imaxinaban os nosos pais: lentes con infravermellos para ver o virus, aplicacións móbiles que indican a infección mediante o son da tose ou cámaras térmicas. «A realidade supera á ficción», di o famoso proverbio.

Os avances tecnolóxicos déronse en numerosos ámbitos: como a fabricación de material sanitario a partir de impresoras 3D, os robots repartidores de comida e medicamentos ou novas formas de erradicar o virus, como un desinfectador de mans mediante luz solar. Os drons poden realizar numersosas actividades que axuden ao ser humano. Unha delas, a principal, é distiguir as persoas sas das enfermas, para que poidan ser illadas e frear a propagación. Ata o de agora, o tempo para detectar ás persoas conlevaba probas ou análises.

O proxecto Vital Intelligence, iniciativa de drons Daganfly, a propia Vital Intelligence, a Universidade de Australia do Sur e o Departamento de Defensa de Australia ten como obxectivo crear un grupo global para loitar contra pandemias como a que vivimos ante o coronavirus. As tarefas de desinfección tamén é unha actividade esencial para evitar a propagación do virus. Reducir ao mínimo a intervención humana é o obxectivo dos investigadores que expoñen o uso de drons agrícolas.