TeGa Carballo: «é unha falta de respecto que o alcalde non responda ás preguntas no pleno»

1 minutes read
  • Todos os voceiros se comprometeron a presentar os rogos á primeira hora do luns 27, día do pleno

O grupo municipal Terra Galega (TeGa) móstrase indignado coa falta de respostas ás preguntas e rogos rexistrados para o pleno ordinario do mes de xullo no Concello de Carballo.

O portavoz de TeGa, Andrés Eirís Barca, sinala que o pasado venres 24 todos os voceiros dos diferentes grupos municipais (PP, PSOE, BNG e TeGa) «adquirimos o compromiso de presentar rogos e preguntas á 1ª hora do luns (día do pleno) para que sexan contestadas no pleno correspondente». Eirís destaca que o alcalde de Carballo, Evencio Ferro, «non quixo contestar argumentando falta de tempo para responder e que era unha falta de respeto por parte de TeGa presentalas a última hora».

«A nós si que nos parece unha falta de respeto por parte do alcalde e do resto de concelleiros que forman parte do Grupo de Goberno non contestar a ningunha das preguntas e rogos», explica Eirís, xa que segundo el, hai preguntas que poden ser respondidas sen problema, aínda que «preferimos que non conteste a que minta».