TeGa propón unha alternativa ao carril bici que unirá o centro de Carballo co colexio Artai

1 minutes read
  • A formación considera máis adecuado trazar unha vía paralela ao regato Rego da Balsa

A agrupación local Terra Galega (TeGa) de Carballo presentou unha moción, de cara ao vindeiro pleno, para modificar o trazado dunha das sendas incluídas no proxecto Ciclando-Carballo, en concreto a que conectará o casco urbano co colexio Artai, adxudicada por máis de 178.000 euros.

Segundo explica o voceiro da formación, Andrés Eirís Barca, no proxecto «ían 10 aparcamentos na estrada DP-1902 e finalmente, sen consulta ningunha aos veciños e veciñas da zona, decidiron sacalos ao xustificar que non hai un problema de aparcamento». Sen embargo, TeGA si que considera que na actualidade hai un problema e que «o carril bici non é solución para nada», facendo fincapé en que «este goberno segue confundindo humanización con meter cemento e tampouco vai servir para que a ciudadanía deixe o coche e se tira a andar en bicicleta».

Ante isto, desde a formación local propoñen un trazado alternativo paralelo ao regato Rego da Balsa, «máis estético e máis seguro» que o ideado polo Concello de Carballo.