Tellado critica que Galicia pague en favor de Cataluña


O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que non é aceptable “que Galicia pague a inestabilidade política e económica á que os socialistas queren condenar ao conxunto do país; que o Executivo central volva querer castigar a unha comunidade cumplidora, como Galicia, mentres propuña uns Orzamentos Xerais do Estado que premiaban a Cataluña; e que Pedro Sánchez queira pagar a súa campaña electoral e os seus venres electorais co superávit e a responsabilidade do Goberno galego”.