Todos os partidos apoian a Irene Montero ante o ataque de Vox


Todos os partidos parlamentarios mostraron o seu apoio á ministra de Igualdade, Irene Montero, ante o que cualificaron como “indecente” ataque de Vox deste mércores, cando unha deputada da formación de Santiago Abascal lle espetou que “o seu único mérito” era estudar ” en profundidade a Pablo Iglesias”, para referirse á relación persoal da ministra co exdirixente de Podemos. Para os portavoces da maioría dos grupos parlamentarios, “cruzáronse todas as liñas” co ataque “machista” e as descualificacións persoais á ministra de Igualdade.