Tokio 2020 | A pandemia e a tradición xaponesa protagonizaron a cerimonia de apertura


Escenas simbólicas sobre o illamento e a soidade provocados pola pandemia e espectáculos de tradición xaponesa marcaron a apertura dos Xogos Olímpicos de Tokio. A tecnoloxía tivo gran protagonismo. Preto de 2.000 drons debuxaron sobre o ceo unha xigantesca esfera para representar o emblema dos Xogos, que se transformou logo nun globo terráqueo mentres soaba unha versión de “Imaxine” interpretada por músicos dos cinco continentes, entre eles Alejandro Sanz.

Ante a presenza do Emperador xaponés e outros poucos expectadores, as 206 delegacións participantes entraron no Estadio Olímpico encabezados por dous abanderados ao longo de tres horas e media de cerimonia. A tenista xaponesa Naomi Osaka puxo o broche final co aceso do pebetero olímpico para dar inicio a 17 días de competición e emoción.