Tomiño e Carballo, xuntos para compartir experiencias e xestións

  • As representacións de ambos concellos mantiveron unha xuntanza de traballo e realizaron un percorrido pola vila

Este xoves Carballo recibiu a unha ampla representación do goberno local de Tomiño (Pontevedra), interesados pola xestión de varias áreas e programas do concello carballés, como o funcionamento das bibliotecas e a xestión cultural en xeral, as accións de eficiencia enerxética e xestións dos residuos, o desenvolvemento industrial e as políticas de benestar.

A expedición de Tomiño, encabezada pola alcaldesa nacionalista Sandra González Álvarez e integrada por varios concelleiros, chegou a Carballo sobre ás 12.30 horas e foi recibida polo alcalde carballés Evencio Ferrero e por varios concelleiros.

O intercambio de opinións e experiencias continuou cunha visita a algúns dos servizos e instalacións municipais, e un percorrido pola vila.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha