27
Chega a primeira medalla galega no campionato europeo de piragüismo. Concretamente na modalidade de maratón. Conseguiuna Tono Campos. É o actual campión mundial en C1, subiu ao podio para recibir a medalla de prata. Quedou segundo por detrás do polaco Glazunow.