Traballadores da CRTVG baleiran ás redaccións na xornada de folga “Non máis abusos na CRTVG”

1 minutes read

“Moita participación” e satisfacción entre profesionais e representantes das traballadoras e traballadores da CRTVG após a primeira xornada de folga convocada polo Comité Intercentros da corporación de medios públicos da Galiza esta segunda feira baixo o lema ‘Non máis abusos’.

24 horas de paro que deixaron as “redaccións baleiras” en San Marcos, Compostela, desde primeira hora, e que impediron, ademais, a emisións de varios espazos habituais na programación tanto da Televisión da Galiza como na Radio Galega. E isto, malia uns servizos mínimos “abusivos” que recorrerán vía xudicial, confirmaron desde o comité de folga.

Na TVG non se emitiu ‘A Revista’, substituída pola reposición dun ‘Quen anda aí”. Tampouco o programa cultural ‘Zig Zag’. O espazo ‘O Tempo’ saíu, mais fíxoo sen o grafismo habitual que ilustra con lendas a predición meteorolóxica. Na Radio Galega caeu ‘O Tempo’ e non saíron ao aire o espazo ‘Diario Cultural’ nin os deportes.