Traballadores das electrointensivas envían alegacións ao estatuto

dpm.

Menos axudas das prometidas, e máis beneficiarios. É o que denuncian os sindicatos de Alcoa. Din que o estatuto que presentou o Goberno non é maís que fume. Contempla axudas para 600 empresas, pero sen distinguir cales consomen máis enerxía. É dicir, que non os beneficia. Desde Alcoa San Cibrao temen que vai repercutir no emprego. Din ademais que as medidas que recolle o estatuto son claramente insuficientes e nalgún caso confusas. E que non garanten un marco estable para producir que lles permita competir co resto de Europa. Na Coruña, ven perigar o proxecto de Alu Ibérica para volver producir aluminio verde nas instalacións da antiga Alcoa. Pídenlle ao Goberno que cumpra co prometido. O prazo para presentar as alegacións ao estatuto finaliza o xoves. Se nada cambia, para a próxima semana os traballadores de Alcoa teñen prevista xa unha manifestación diante da Deputación de Lugo.