Traballadores de San Cibrao ven viable o proxecto de Liberty

1 minutes read

Os traballadores de Alcoa San Cibrao ven viable, aínda que a longo prazo, o proxecto para a factoría que Liberty lles presentou en Madrid. O comité de empresa pídelle a Alcoa que «deixe de poñer impedimentos para a venda da fábrica».

«É unha parte de investimento na planta, o que nos deixaría á altura de poder competir no primeiro nivel e facendo produtos de valor engadido de moi alta competencia e unha segunda parte que é a enerxética. Vemos que teñen un proxecto claro, vemos que teñen un proxecto conciso e apoiado por dous Gobernos, tanto a Xunta como o Goberno central, polo que Alcoa ten que deixar de poñer impedimentos», di José Antonio Zan, presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao.