O Ministerio de Traballo e Economía Social resolveu a adxudicación das subvencións 2022, un total de 10,4 millóns de euros, para a promoción do traballo autónomo, da economía social e da responsabilidade social das empresas.
«Afianzar as entidades da Economía Social é unha oportunidade para asentar un modelo empresarial que crea traballo estable e de calidade», asegurou a ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz.
Desde 2021 introducíronse unha serie de melloras substanciais no procedemento de xestión desta convocatoria co obxectivo de lograr unha maior eficacia e eficiencia dunhas axudas, cuxa concesión se adiantou dous meses con respecto a anualidades anteriores. Esta medida contribúe, ademais, a que as organizacións beneficiarias conten antes cos fondos.