Trátase dunha iniciativa coa que se apoia aos tradutores literarios que traduzan unha obra orixinalmente escrita en galego a calquera lingua do mundo facilitándolles os medios para facelo desde Galicia. A iniciativa foi presentada polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a escritora e promotora de Residencia Literaria 1863 Yolanda Castaño.
‘Residencia Xacobeo’ facilita ao beneficiario a estadía para traballar e investigar na Residencia Literaria 1863, un apartamento do século XIX no casco histórico coruñés. Con esta iniciativa búscase contribuír á proxección exterior da literatura galega e tamén impulsar o proceso de tradución á cidadanía con accións abertas ao público.
O beneficiario aloxaranse na Residencia Literaria 1863, un apartamento do século XIX no casco histórico da Coruña que combina residencia con centro de xestión cultural. O programa incluirá o billete aéreo dende o país do tradutor e dietas para gastos básicos.