Tráfico inicia unha campaña exclusiva en Galicia dirixida a peóns, ciclistas e motoristas

1 minutes read

A DXT e a Agrupación de Tráfico da Garda Civil inician este luns unha campaña, exclusiva en Galicia, de sensibilizacion dirixida ao colectivo de usuarios máis vulnerables das estradas galegas: peóns, ciclistas e motoristas. Esta iniciativa pretende conciencialos sobre a necesidade de facerse visibles e usar os sistemas de protección específicos como os cascos e a indumentaria adecuada para circular con bicicletas e motocicletas. Tamén se pretende sensibilizar os condutores e condutoras sobre o risco que corren eses usuarios e a necesidade de manter o nivel de alerta ante a súa presenza nas estradas. A campaña de sensibilización esténdese ata o vindeiro domingo 14 de maio.