- Búscase así concienciar os condutores da estreita relación entre unha velocidade inadecuada e os accidentes.
A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) iniciou este luns en Galicia unha campaña de control da velocidade centrada nas vías convencionais e as zonas urbanas co obxectivo de reducir os excesos que supoñen sete de cada dez sancións impostas en estradas galegas. A campaña para reducir a velocidade media nas estradas que dispoñen dun só carril en cada sentido e tamén nas vías urbanas manterase ata o domingo 23 e contará co apoio das respectivas policías locais.
Os controis velarán polo cumprimento dos límites xenéricos e específicos de velocidade, así como en adiantamento, tras a entrada en vigor en marzo de 2022 da norma que impide aos condutores pasar a velocidade en 20 quilómetros por hora para adiantar en vías convencionais, e as distancias entre vehículos. Reforzaranse os controis naqueles treitos máis perigosos das estradas convencionais onde se produce o maior número de accidentes e de falecidos coa velocidade como factor concorrente.