Trasladado en ambulancia tras sufrir unha saída de vía en Malpica

1 minutes read
  • O accidente produciuse pasadas as dez e media da noite deste martes na AC-418, preto da parroquia de Cerqueda

Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía co coche que conducía no concello de Malpica de Bergantiños. Pasadas as dez e media da noite deste martes, unha central de asistencia de vehículos alertaba ao 112 Galicia dun accidente de tráfico cun coche implicado na estrada de Malpica a Buño, a AC-418, nas proximidades da parroquia de Cerqueda. A vítima foi trasladada ao centro hospitalario de referencia nunha ambulancia.

Desde o 112 Galicia comunicouse a situación á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Carballo, ao Ges de Ponteceso e ao 061.