Trasladado en helicóptero ao sufrir un accidente cunha máquina agrícola en Muxía

1 minutes read

Un home resultou ferido despois de sufrir un accidente coa máquina agrícola que manexaba mentres facía traballos nunha finca particular.

O accidente ocorreu sobre as 16:30 horas deste venres, cando os servizos sanitarios de urxencia comunicaron ao 112 Galicia a saída do helicóptero con base en Santiago cara Muxía para evacuar a un home accidentado cunha máquina agrícola, en Coucieiro.

Para prestar apoio á aeronave, que tomou terra no mesmo lugar dos feitos, os xestores do 112 solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil.  Tamén os Bombeiros de Cee, nada mais ser informados, desprazáronse ao punto, aínda que non tiveron que facer uso do material de excarceración.

Finalmente, o ferido foi evacuado na aeronave ao Hospital de Cee.