Trasladan de urxencia en helicóptero a unha veciña de Camariñas

0 minutes read

Unha veciña de Camariñas foi trasladada este mércores nun helicóptero do 061, ao sufrir un accidente doméstico no seu domicilio.

Investíganse as causas e o porqué esta persoa se precipitou desde o balcón da súa vivenda.

Ao lugar desprazouse a Garda Civil, Protección Civil e unha ambulancia que trasladou á muller ferida á zona portuaria, onde se atopaba a aeronave que a trasladaría de urxencia ao hospital de Santiago de Compostela.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, tamén acudiu á zona para interesarse polo estado desta persoa ferida.