Trasladan dúas persoas ao hospital por unha posible inhalación de gas en Val do Dubra

1 minutes read
AVPC_Val do Dubra.

Pasadas as 7 horas da mañá deste sábado, un particular solicitou ao 112 Galicia asistencia sanitaria para unha muller con dificultades para respirar nunha vivenda do Carral, na parroquia de Rial, no concello de Val do Dubra. No interior do domicilio había un braseiro.

Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os Bombeiros de Santa Comba e os voluntarios de Protección Civil de Val do Dubra. Tamén se informou aos técnicos da empresa subministradora do gas.

Finalmente, os servizos de emerxencias confirmaron o traslado de dúas persoas ao hospital. Por outra banda, os bombeiros informaron de que as ventás estaban abertas cando chegaron e as súas medicións deron negativas, polo que sinalaron que xa non había perigo.