O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuniuse con representantes das entidades deportivas da Costa da Morte. No encontro destacou o presuposto récord da Secretaría Xeral para o Deporte con 56 millóns de euros, un 27% máis que os 44 millóns deste exercicio. Trenor lembrou que neste ano 2023 o orzamento da Xunta xa rexistrou unha cifra récord cun incremento do 36% respecto ao ano anterior. O representante do Goberno autonómico tamén explicou as novidades do Bono Deporte, que contará cun investimento de 16,2 millóns de euros para sufragar con bonos de 120 euros tanto as compras de material e equipamento deportivo como a asistencia a clases ou a realización de actividades deportivas. Descontarase un 80% de cada compra ata esgotar os 120 euros. Este Bono poñerase en marcha o próximo xaneiro dirixido a menores de 6 a 16 anos que practiquen algunha disciplina deportiva con licenza federada ou estean inscritos no programa Xogade que conta con 17 actividades e 39 federacións adheridas.
42