Trens e avións xa operan desde Madrid

1 minutes read

O tráfico ferroviario de longo percorrido quedou activo en Madrid desde primeiras horas da tarde do domingo coa circulación dun tren desde a estación de Chamartín con destino a Santander. Tamén saíu o primeiro AVE a Valencia. Ademais, Iberia informou que xa está operativa e puxo en marcha sete voos de longo percorrido, despois de que o aeroporto Madrid-Adolfo Suárez, permanecese pechado desde o venres pola noite pola situación derivada da borrasca Filomena. Tamén prevían no aeroporto máis operacións de saída e algunhas chegadas a medida que se dean as condicións no aeródromo madrileño. O traballo dos militares enviados por Defensa aceleraron o regreso á normalidade en Barajas coa limpeza das pistas e o translado de persoal para o control do tráfico aéreo.