- Daniel Villar Pombo, de Rus-Carballo, representa ao IES Maximino Romero de Lema de Baio, na modalidade de Desenvolvemento Web. Gonzalo Cancela Mariño, representa ao IES Parga Pondal de Carballo, na modalidade de Administración de Sistemas en Rede. Borja Martínez Vázquez, representa ao IES Eduardo Pondal de Ponteceso, na modalidade de Reparación de Carrozaría.
Este mércores arrancou o GaliciaSkills 2023, o 7º Campionato galego de Formación Profesional, no Recinto Feiral Internacional Abanca de Silleda que se celebrará ata o venres 27, dı́a no que se darán a coñecer aos gañadores de cada unha das especialidades participantes. Este ano, o IES Maximino Romero de Lema – Baio, participa nesta competición co alumno Daniel Villar Pombo de 2º curso do Ciclo Superior de DAW, que se atopa “moi ilusionado e disposto a aprender desta experiencia” segundo comenta o seu titor Bertı́n Deza, que estará estes dı́as con el.

O alumnado de 2º curso de CM de Sistemas Microinformáticos, e máis os compañeiros de Daniel de 2º de DAW visitaron o recinto para darlle ánimos ao seu compañeiro e coñecer como se leva a cabo esta competición. Trátase dun campionato eminentemente práctico, no que Daniel terá que desenvolver una proba relacionada coa súa especialidade na que porá a proba as súas destrezas e coñecementos en materias coma bases de datos, programación ou despregamento de aplicacións web. Para o alumnado foi unha experiencia moi motivadora ver que se están a facer tantos proxectos noutros centros galegos, ao mesmo tempo que puideron coñecer outros campos da formación profesional que descoñecı́an.

Daniel Villar Pombo, xunto aos compañeiros do resto de Galicia, desenvolvendo o seu proxecto.
Tamén no campo das novas tecnoloxías, Gonzalo Cancela Mariño, representa ao IES Parga Pondal de Carballo, na modalidade de Administración de Sistemas en Rede.
O IES Eduardo Pondal de Ponteceso, conta coa presenza do alumno de Laxe Borja Martínez Vázquez, que está a ser o encargado de representalos na área de carrocería. En total participan aproximadamente 190 alumnos, en 27 competicións, relacionadas coas diferentes especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante pon a proba as súas destrezas a través da realización de diversas probas de habilidades e coñecementos vinculadas á súa área de formación. De resultar gañador, o representante da Costa da Morte pasaría ao campionato nacional, que terá lugar o ano que vén en Madrid.

Borja Martínez Vázquez.