Daniel Pérez, Luís Bará e Mercedes Queixas, os tres deputados do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento de Galicia, estiveron esta fin de semana nos Penedos de Pasarela, unha das zonas máis singulares de toda Galicia e catalogada como Paisaxe Protexida no ano 2009. Os deputados do BNG reuníronse con veciños do lugar e diferentes axentes sociais para mostrarlles o seu apoio ante a previsión da instalación dun novo parque eólico no lugar.