O interior dun edificio de vivendas de cinco plantas derrubouse en Badalona e hai tres persoas desaparecidas de tres pisos diferentes, segundo confirmaron os servizos de emerxencias. Desaloxáronse unhas 60 vivendas, as 20 do edificio en cuestión e os dous lindeiros que teñen a mesma estrutura con 20 vivendas en cada un. Trátase dun bloque de vivendas situado no número 9 da rúa Canigó, en Badalona. Os Bombeiros da Generalitat recibiron o aviso do afundimento sobre as 10.35 horas deste martes e na zona traballan 45 efectivos do corpo de emerxencias, así como varias unidades do Sistema de Emerxencias Médicas (SEM), dos Mossos d’Esquadra e da Garda Urbana de Badalona. A unidade canina xa levou a cabo unha primeira inspección, aínda que de momento o resultado foi negativo, e que a medida que o corpo de emerxencias vaia retirando máis entullos, os animais serán máis efectivos á hora de localizar posible presenza humana.
24